Skip to main content
Vilalba

As Mulleres de Insua volven traballar o liño

Por 20 Xullo, 2021Sin comentarios

Coa relaxación das medidas, as integrantes da asociación San Bartolomeu de Insua retoman o seu traballo que grupo que tivo que ser suspendido durante máis dun ano.

Así, durante este mes comezaron a preparar a colleita dos dous anos anteriores, primeiro porque o ano pasado no se puido facer a Tasca e porque xa o pasado plantaron menos debido a esta situación de alerta sanitaria.

Así, volveron xuntarse para traballar estes días e deixar listo o que estaba recollido mentres o liño da colleita deste ano segue crecendo nos campos. Cando estea listo, arrincarse, lavarase, secarase e riparase para deixalo preparado para a tasca deste ano.