Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalbés inicia a tempada co equipo ao completo

Por 23 Xullo, 2021Xullo 24th, 2021Sin comentarios

O Rácing Vilalbés deu inicio á pretempada no estadio da Madanela e xa co equipo conformado para unha etapa en Terceira División, que agora pasa a denominarse Terceira RFEF.

O conxunto da tempada 2021/22 saíu ao céspede esta semana con moitas caras coñecidas xa que renovou unha ampla marxe  dos xogadores, Javi Rumbo, López, Vérez, Buyo, José Varela, Javi Varela, Make, Anxo, Dani Pedrosa, Ángel Casanova, Cuadrado e Rares.

Todos eles volven poñerse ao mando do equipo técnico, que dirixe un ano máis Simón Lamas, e do que tamén forman parte Kike Sanfiz, Jandro, Viusky, María e Manolo Lamas.

O Vilalbés presenta tamén seis fichaxes que fan a sunma total de 17 xogadores este ano, cando o pasado había 20. A a estes hai que engadir tamén os rapaces dos equipos de base, 8 xuvenís e 1 cadete.

As fichaxes deste ano son as do porteiro Anxo Fraga, que procede do Polvorín; o central Jorge Tomei, do Arzúa; o mediocentro Alberto Novoa, do Somozas; o extremo Diego Vela, do Bergantiños; o mediapunta Javi Rey, do Viveiro, e o dianteiro Adrián Otero, procedente do Paiosaco.

Ademais, o xuvenil Cadra seguirá un ano máis no primeiro equipo e a el sumaranse Gabri, xuvenil de terceiro ano, e Noel Teixeiro, xuvenil de primeiro. Ademais, tamén farán a pretempada o porteiro Édgar, o lateral esquerdo Marco, o mediocentro Diego Ferreiro, o extremo Iago Buján e o dianteiro Iago Neira.

O Vilalbés programou varios amigables para este verán, que se comezarán co duelo co Deportivo previsto para mañá. Pero tamén xogarán co Polvorín, o Lugo xuvenil, o Fabril, o Arteixo, o Somozas e o Betanzos, todos en campo alleo. Os partidos como locais serán a finais do mes de agosto contra o Arenteiro e o Bergantiños, entre outros.