Skip to main content
Xermade

Malestar en Xermade polo servizo no centro de saúde e de Abanca

Por 11 Xullo, 2021Sin comentarios

Malestar no Concello de Xermade pola situación na que se atopan os usuarios do centro médico, que fixeron públicas as súas queixas sobre a atención aos pacientes dende que hai un mes e medio o anterior facultativo, que estivo preto dun ano en Xermade, foi trasladado.

Dende ese momento, o Sergas ten enviado novos médicos cada certo tempo para cubrir a atención primaria “e cada día vén un distinto”, aseguran.

Esta situación provoca tamén que ao haber só un médico cando se produce unha urxencia, queda o centro sen atención médica.

Os veciños xa presentaron as súa queixas no centro de Saúde e tamén ante o propio Concello, ao que piden a súa intervención para que se destine a un médico de forma continuada para que poda seguir as historias e os tratamentos.

Pero, ademais disto, outra das queixas veciñais ten que ver coa atención bancaria na propia vila, xa que, seguindo a liña que mantén noutras localidade, Abanca anunciou a redución do servizo de atención aos veciños deixando só dous días para atender ao público.

Os veciños reclaman ao Concello e ás asociacións veciñais tamén a súa intervención para que volvan ao horario anterior.