Skip to main content
Xermade

Vove a Xornada Etnográfica a Lousada, en Xermade

Por 21 Xullo, 2021Sin comentarios

A Asociación Roteiros da Carba de Lousada, en Xermade, celebrará este sábado, 24 de xullo, a oitava edición da súa Xornada Etnográfica que terá lugar en espazos abertos e en distintos espazos desta parroquia.

Así, as actividades darán comezo ás 10.00 horas coa presentación do libro Pepa A Loga, Xermade Inicios, de Vicente Piñeiro, acto que terá lugar na Abelleira.

Seguirán unha hora máis tarde con outra presentación, neste caso a da Guía Ruta do Batán de Folgoso. Será neste caso Antonio Riveira o encargado da presentación, que terá lugar na Ponte de Folgoso.

Media hora máis tarde realizarán esta mesma ruta de forma guiaida, visitando os muíños, a planta da luz, o batán en as carboeiras.

A xornada rematará cun xantar campestre na Aira de Folgoso que terá un prezo de 2 euros.

Os interesados en anotarse poden facelo no Bar Petróleo, no whatsapp 696 097 518 ou no correo roteirosdacarba@hotmail.com.