Skip to main content
Uncategorized @gl

Nova subida de casos activos de covid na provincia

Por 1 Xullo, 2021Xullo 2nd, 2021Sin comentarios

A covid volve subir de forma descontrolada tras sumar 16 casos activos máis condicionados por unha importante subida dos positivos.

Así, a  provincia amanece este xoves con 222 casos activos. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 27 casos novos (onte foron 19 e o día anterior 10), e as altas chegaron ás 12.824, (7 máis que onte, ao igual que o día anterior).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.267 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir ata 5 persoas ingresadas. No Hula hai 2 na UCI e 2 en planta (1 máis), e  Monforte volve quedar ter 1 enfermo ingresado.

O Comité clínico acordou manter a Castroverde en alerta media e a Sarria en alerta alta.

POR COMARCAS

A situación recrudécese na provincia cun aumento de posistivos condicionado polos gromos de Sarria e Lugo. Aumenta o número de concellos que teñen polo menos algún contaxiado aínda que poucos incrementan a incidencia.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Burela, Viveiro, Ribadeo e O Vicedo.
  • Trabada, Cervo e A Pontenova fai unha semana que non teñen contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Xove.

Terra Chá

  • Cospeito, Friol, A Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Vilalba e Meira teñen casos pero con baixa incidencia. Únense As Pontes e Rábade.
  • Guitiriz e Pol levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín, Begonte.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixa a 67 (1 menos).
  • Palas ten positivos pero con baixa incidencia, situación na que está agora Castroverde. Únense  Portomarín e Gutín.
  • Monterroso e O Corgo levan unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue subindo. Xa son 41 positivos (5 máis), co concello en alerta alta.
  • Láncara volve ter contaxios e eleva a incidencia.
  • Samos, O Páramo, O Incio, Triacastela e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Quiroga e Taboada teñen elevada a incidencia pero no chegan a 10 casos.
  • Monforte ten casos pero con baixa incidencia. Únese Sober.
  • Chantada segue con dez contaxios e baixa incidencia.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Pantón e A Pobra de Brollón. Únese Folgoso do Courel.