Skip to main content
Uncategorized @gl

Novo crecemento de casos activos con Lugo e Sarria sumando positivos

Por 4 Xullo, 2021Sin comentarios

A covid volve sumar positivos e casos activos mentres a hospitalización segue controlada.

Este domingo hai contabilizados 240 casos activos (10 máis que onte) cando a xornada anterior o aumento foi de 6. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 14 casos novos (onte foron 15 e o día anterior 28), e as altas chegaron ás 12.861 (6 nun día), o día anterior foron 7.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.323 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria queda en 3 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 1 en planta, e Monforte segue con 1 enfermo ingresado.

O Comité clínico mantén a Castroverde en alerta media e a Sarria en alerta alta.

POR COMARCAS

Fin de semana sen apenas cambios agás o continuo aumento de casos nos gromos de Lugo e Sarria. En situación de alerta seguen Triascastela, Láncara, Taboada e Sober.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Viveiro, Ribadeo, O Vicedo e A Pontenova.
  • Cervo e Burela fai unha semana que non ten contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz, Xove e Trabada.

Terra Chá

  • Cospeito, A Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Vilalba, Meira, As Pontes e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pol e Friol levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín e Begonte e Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 80 (3 máis).
  • Castroverde, Portomarín, Guntín e O Corgo teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Palas leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Únese Monterroso.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue crecendo. Xa son 55 positivos (4 máis), co concello en alerta alta e aínda en crecemento.
  • Láncara e Triacastela teñen moi alta a incidencia.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Taboada e Sober teñen moi elevada a incidencia pero no chegan a 10 casos.
  • Monforte, Carballedo e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Chantada mantén os 13 contaxios pero segue coa incidencia baixa.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.