Skip to main content
Uncategorized @gl

Só queda Sarria en alerta nunha xornada cun incremento importante de casos

Por 7 Xullo, 2021Sin comentarios

A covid segue imparable e á alza, sumándose a que xa está denominada como a quinta vaga, que está condicionada polos contaxios na xuventude.

Este mércores son xa 30 casos máis que onte superando unha nova centena ao chegar aois 314 casos activos. Cabe destacar que a subida na xornada anterior foi de 20. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 43 casos novos (onte foron 27 e o día anterior 34), e as altas chegaron ás 12.892 (14 nun día), o día anterior foron 7.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.428 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue estable en 4 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 2 en planta. Monforte queda sen enfermos, que tiña 1, e en Burela prodúcese un ingreso.

O Comité clínico pola súa banda levantou as retricións a Castroverde pero mantén a Sarria en alerta alta. Estes cambios entrará en vigor o próximo sábado.

POR COMARCAS

A cidade de Lugo acumula unha parte importante dos novos positivos. Aínda que sen repercusións, cada vez aparecen máis casos en concellos pero con incidencia moi baixa.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Viveiro, Ribadeo, A Pontenova, Cervo, Lourenzá e Xove.
  • Burela e O Vicedo fai unha semana que non teñen contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Trabada.

Terra Chá

  • Cospeito, Castro de Rei, Vilalba, Meira, As Pontes, Rábade, Friol e Begonte teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Outeiro de Rei e A Pastoriza levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz e Pol.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 118 (25 máis).
  • Portomarín, Guntín, O Corgo e Palas teñen positivos pero con baixa incidencia. Únense Antas de Ulla e As Nogais.
  • Castroverde leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Pedrafita, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue sumando. Xa son 70 positivos (2 máis), co concello en alerta alta.
  • Láncara ten casos con incidencia baixa e Triacastela con alta.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte, Carballedo, Sober, Taboada e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Pantón.
  • Chantada continúa con 16 contaxios e con incidencia baixa.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.