Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos fréanse polo aumento das altas pero a cidade de Lugo repunta

Por 10 Xullo, 2021Xullo 11th, 2021Sin comentarios

Os casos activos freáronse algo no seu crecemento debido ás altas. Así, hoxe hai 414 en toda a provincia, 19 máis que onte, cando o aumento a xornada anterior foi de 43. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 55 casos novos (onte foron 62 e o día anterior 47), e as altas chegaron ás 12.958 (35 nun día), o día anterior foron 18.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.589 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe algo máis con 6 persoas ingresadas (1 máis). No Hula hai 1 na UCI e 4 en planta (1 máis); ademais dun hospitalizado en Monforte.

O Comité clínico pola súa banda mantén dende hoxe a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións.

POR COMARCAS

Sarria volve a sumar casos e Lugo experimenta un crecemento elevado que pon á capital preto das cifras de alerta e das restricións. O gromo causado nunha voda en Castro de Rei, Meira e A Pastoriza mantense estable.

A Mariña

  • Viveiro mantén 11 casos, aínda coa incidencia moi baixa.
  • Lourenzá segue coa incidencia moi alta malia non chegar a 10 contaxiados.
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Ribadeo, Cervo e Xove. Súmanse Riotorto e Mondoñedo.
  • O Vicedo e A Pontenova fai unha semana que non teñen contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Barreiros, O Valadouro, Alfoz e Trabada. Súmase Burela.

Terra Chá

  • Cospeito, Vilalba, As Pontes, Friol, Begonte, Outeiro de Rei e Pol teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Castro de Rei con 16 casos, e Meira e A Pastoriza con menos de dez teñen a incidencia moi alta debido ao gromo orixinado nunha voda.
  • Rábade leva unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín e Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo descontrólanse a 171 (23 máis) e eleva a incidencia a nivel de alerta media.
  • Portomarín, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, As Nogais e Becerreá teñen positivos pero con baixa incidencia. Súmanse Monterroso.
  • Castroverde leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Pedrafita, Baralla, Ribeira de Piquín, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • No gromo en Sarria tras unha pequena melloría, volven a subir os casos. Son 68 (9 máis).
  • Láncara e Triacastela seguen rebaixando a incidencia.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 12 casos (2 máis) e mantén a incidencia baixa.
  • Chantada rebaixa de 17 a 10 casos nunha xornada.
  • Carballedo ten a incidencia alta pero segue por debaixo de dez casos.
  • Quiroga, Pantón e O Saviñao teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Taboada leva sen contaxios novos unha semana. Súmase Sober.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.