Skip to main content
Uncategorized @gl

A Mariña e a cidade de Lugo concentran a maior parte dos novos contaxios

Por 20 Xullo, 2021Xullo 21st, 2021Sin comentarios

A covid segue sen freno na provincia de Lugo cun crecemento continuo e un aumento lixeiro da hospitalización. Nos datos que ofrece hoxe a Xunta de Galicia, hai un desaxuste entre os casos activos e os novos contaxios vinculados ás altas.

Segundo indican, hoxe hai 1.139 casos activos, 116 máis que onte, mentres que os contaxios novos confirmados foron de 117 (onte foron 106). Por outra banda, aseguran que nas últimas horas houbo 19 altas (o día anterior foron 21) polo que non se corresponde xa que a cifra de curados tiña que paliar o número de casos activos.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 14.484 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo con 14 persoas ingresadas (1 máis). No Hula hai 11 en planta (1 máis); 2 na Mariña e 1 en Monforte. As UCI seguen baleiras.

O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións na provincia.

POR COMARCAS

A Mariña continúa sumando casos e forma descontrolada mentres en Terra Chá a situación se normaliza, agás en Vilalba, que crece. Lugo segue con moitos contaxios mentres empeza a volver a tranquilidade aos concellos pequenos do centro da provincia. No Sur, Sarria volve a subir e na Ribeira Sacra mantense a estabilidade.

A Mariña

  • Viveiro dispárase a 96 casos (10 máis), Cervo suma xa 22 casos (1 máis), Burela a 53 (18 máis), Foz 62 (4 máis), Ribadeo 45 casos (8 máis) e Mondoñedo con 15 casos (3 máis), todos en valores de alerta alta.
  • Ourol, O Valadouro e Alfoz con menos de dez casos teñen a incidencia moi alta.
  • Lourenzá reduce a incidencia baixando dos dez casos pero con valores altos.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa están Xove, Barreiros, A Pontenova, O Vicedo e Trabada.
  • Riotorto leva unha semana sen casos.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 32 casos (4 máis) e coa incidencia preto de valores de alerta.
  • As Pontes, Outeiro de Rei, Guitiriz, Friol, Rábade, Pol, Begonte e Abadín teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Castro de Rei con 16 casos (1 menos), Meira con 13, A Pastoriza con 13 e Cospeito por debaixo de 10 teñen a incidencia alta.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras e Xermade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 386 (16 máis), en niveis de alerta.
  • Monterroso están con incidencia elevada con menos de dez casos. Únese Palas que subiu a incidencia.
  • Guntín, O Corgo, Pedrafita, Castroverde e Becerreá teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese As nogais e Cervantes.
  • Portomarín e Antas de Ulla están sen casos na última semana. Únense Baleira, A Fonsagrada e Ribeira de Piquín.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baralla e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria volve sumar ata os 60 casos (2 máis).
  • Paradela baixa de dez casos pero segue con incidencia alta, situación que tamén ten O Páramo.
  • Láncara e Samos teñen a incidencia baixa.
  • O Incio e Triascastela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 44 casos (1 máis).
  • Bóveda e Sober reducen a incidencia, con menos de dez casos ambos.
  • Chantada sobe de novo a 24 casos (1 máis).
  • Taboada, O Saviñao e Pantón teñen casos pero con baixa incidencia. Únese A Pobra de Brollón.
  • Quiroga e Carballedo levan sen contaxios novos unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

CRIBADO EN FOZ

Debido ao aumento de casos, o Sergas programou un cribado masivo a partir do xoves entre profesionais que exercen a súa actividade en Foz de cara ao público. Habilitouse a conta de correo electrónico cribado@concellodefoz.es, onde calquera persoa que queira participar deberá indicar nome e apelidos, DNI ou NIE, número de teléfono e o sector no que realiza a súa actividade profesional ou de voluntariado. Tamén poderá deixar os seus datos de forma presencial nas oficinas xerais do Concello de Foz ata este mércores día 21 de 9 a 13 horas.

Neste Concello a pasada fin de semana realizouse un operativo conxunto de Garda Civil e Policía Local en horario nocturno tanto o venres como o sábado, no que participaron vinte efectivos. O principal obxectivo foi desincentivar malas condutas para evitar contaxios.

O alcalde de Foz indica que o servizo de socorrismo nas praias está a verse alterado pola incidencia da covid con cinco casos entre o persoal.