Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Cervo acollerá neste mes de agosto dúas mostras de pintura

Por 1 Agosto, 2021Agosto 30th, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo acollerá neste mes de agosto dúas mostras de pintura que serán inauguradas esta mesma fin de semana.

Así, este sábado, ás 19.30 horas, no edificio das Carboeiras, en Sargadelos, será inaugurada a exposición de Ángel Picos, Diego Pérez e Sergey Sozonov, con aforo limitado e que se poderá ver ata o 30 de agosto.

Logo o domingo terá lugar a inauguración da mostra Azul, de Blanca Dacal, que é unha homenaxe aos veráns que pasou en San Ciprián. Será ás 13:30 horas, na Casa da Cultura con aforo reducido, e que se poderá visitar ata o 15 de agosto.