Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo iniciará a recollida porta a porta de plásticos agrícolas o 13 de setembro

Por 22 Agosto, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Ribadeo informa, a través dun bando municipal, que o 13 de setembro de dará comezo a recollida porta a porta de plásticos agrícolas.

Este servizo está contratado polo Concello de Ribadeo á empresa Ascan Servicios Urbanos S.L., a través da empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente S.L., transportista profesional de residuos autorizado pola Xunta de Galicia.

A recollida prolongarase durante os días que sexan necesarios para atender todos os avisos recibidos en tempo e forma. Deberase solicitar a través do teléfono do Punto Limpo Municipal, que é o 664 00 09 32, en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas. As solicitudes de recollida poderán facerse ata o 10 de setembro.

A Concellaría de Medio Ambiente agradece “a máxima colaboración posible e solicita que, para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, todas as explotacións que precisen a recollida procuren ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida”.