Skip to main content
Axenda Caducada

Chega a Ribadeo a mostra itinerante sobre Xela Arias

Por 26 Agosto, 2021Setembro 27th, 2021Sin comentarios

A mostra Xela Arias. A poesía do retrato chegará este venres a  Ribadeo. Os paneis con textos da poeta acompañados con fotografías de Xulio Gil instalaranse no parque de San Francisco, onde poderán visitarse ata o vindeiro 27 de setembro.

A mostra inaugurarase ás 13.30 horas, nun acto no que intervirán o fillo da autora sarriá, Darío Gil e que contará co acompañamento musical do grupo sarriao Malditos Roedores, que interpretará un repertorio de versións de cancións en galego.