Skip to main content
Viveiro

Os veciños de Viveiro poderán pagar os seus tributos municipais en Correos

Por 4 Agosto, 2021Agosto 5th, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro vén de asinar un convenio con Correos para que os veciños, así como calquera outro contribuínte, poidan dispoñer das oficinas desta entidade para aboar os tributos municipais. Esta nova facilidade persigue axilizar a relación entre a administración e a cidadanía. 

Os contribuíntes poderán pagar as obrigacións tributarias e outras de Dereito Público que estean xestionadas polo Concello de Viveiro en calquera das 2.370 oficinas de Correos distribuídas por toda España. 

Deste modo, os veciños e veciñas contan cunha canle áxil e sinxela á hora de cumprir cos seus pagamentos. Tamén dispoñen dunha maior amplitude horaria e mobilidade territorial, un aspecto moi útil cando se aproxima o período estival e se realizan desprazamentos a outras provincias. 

O Concello de Viveiro busca coa sinatura deste acordo ofrecer á cidadanía e ós contribuíntes este novo servizo de Correos, que aproveita a capilaridade e a cobertura territorial da súa rede de oficinas.