Skip to main content
Comarca AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

O sector da educación física e da práctica deportiva non federada reuníuse co BNG da Mariña

Por 16 Agosto, 2021Sin comentarios

O sector da educación física e da práctica deportiva non federada reuníuse co BNG da Mariña para analizar a situación que están a vivir a raíz da pandemia do covid19. Asistiron tamén á reunión Gema Méndez, concelleira de deportes en Foz, o tenente de alcalde Franciso Xavier Fanego e o portavoz do BNG en Burela Mario Pillado que analizaron tamén como afecta a pandemia á actividade deportiva non federada nos concellos mariñaos.

Por parte do sector, ao que representaban na reunión Susana López Otero e mais  Susana Doce,  puxeron de manifesto que eles foron dos mais perxudicados durante a pandemia e que en todo momento asumiron e acataron todas as normativas e regulamentos e que a pesares deso e tras un ano de pandemia o sector atópase nunha situación extrema.

Desde o BNG, Daniel Castro afirmou que “as medidas da Xunta van en dirección contraria á actitude  das persoas profesionais da educación física e do deporte así como dos centros deportivos que en todo momento aceptaron todas as medidas de prevención e implementando medidas sanitarias cun grande esforzo económico”.

Esta problemática será trasladada ao Parlamento a través de iniciativas que o deputado mariñao presentará alí nos vindeiros días para poñer fin ás trabas da Xunta ao sector de propietarias e propietarios  de centros deportivos  no desenvolvemento da súa actividade, que na Mariña son moitos.