Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Nova data para a Viveirobike Xtreme

Por 17 Agosto, 2021Outubro 15th, 2021Sin comentarios

O presidente da Peña Ciclista Lar de Viveiro, José Manuel Pernas Vázquez, comunicou que trala suspensión da proba o 18 de xullo a nova data de celebración será o domingo 17 de outubro.

“É unha decisión difícil, moi difícil, levamos tempo preparando todo para poder celebrar a Viveiro Bike Xtreme e despois de tanto traballo detrás ter que cancelala. Tivo que ser cancelada por motivos de non ter a tempo os permisos requiridos para a devandita proba”, informou.

Esta proba terá dúas modalidades a corta de 35 quilómetros e a larga de 65. A organización n dará máis datos proximamente.