Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Todo listo para a estrea do Viveiro CF esta tempada

Por 28 Agosto, 2021Agosto 30th, 2021Sin comentarios

O próximo 12 de setembro, en Redondela, o Viveiro CF dará inicio a unha nova tempada en Terceira División e farano cun equipo remodelado que xogou xa unha pequena pretempada con sorte desigual. Ante el estará o Choco.

Os celestes seguirán un ano máis baixo a dirección de Chusky, responsable da permanencia na categoría.

O equipo perde este ano a Javi Rey, que marcha ao Vilalbés; Roi, que estará no Foz, ou mesmo Uriol e Facu. Ademais, Jacob e Iván seguirán de baixa por lesión.

Os que marcharon deixan paso a novas incorporacións, como a de Muíña, Brais Prieto, Dani Fernández, Marcos González e Marino ou mesmo o ascenso de categoría de Diego.

Deste modo, baixo paus quedarán Manu Cedrón e Tomy e na liña de atrás Pablo Louzao, Pablo Rey, Agus, Édgar, Nico Madero, Dani Montes e Muiña. No medio ocupan praza Dani Fernández, Jacob, Iván, Xaime, Marcos, Lucky e Tichu e por diante quedan Álex Meitín, Rolle, Asier, Diego Fernández e Arturo.