Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

O Ribadeo FC arrincará en Preferente cun triunfo en pretempada

Por 31 Agosto, 2021Setembro 2nd, 2021Sin comentarios

Unha semana máis tarde da Terceira arrincará a Preferente, que este ano ten novo sistema de subgrupos como unha medida de protexer o deporte dos efectos da covid.

O conxunto, que xa disputou parte da súa pretempada, vén de pechar as súas filas e faino con cambios no vestiario e o triunfo no XXXIII Trofeo Amistad en San Pedro, tras impoñerse ao Andes na tanda de penaltis, tras finalizar o encontro 1-1.

Quen no cambia é Dani Moirón, que contará co apoio de Germán Vale, Bruno Rodríguez como preparador físico e Luis Fernández como delegado.

Baixo paus estarán Carrera e Diego dos Santos. Os defensas xa coñecidos Coki, Xairo, Diego Hermida, Isma e Cube, contarán coa incorporación de Nacho, procedente do Tapia, e Pablo Rivas, do San Tirso.

No medio campo seguirán David Cube e Santi e incorpóranse Jacob do Viveiro, Diego Núñez da Sarriana, Roi Campos e Castrín do Santaballés e Charli do Tapia.

Finalmente, na parte de adiante estarán Iván García, que ascende dende o xuvenís; Adrián García, tamén do Tapia e Matelo, do Sporting Pontenova. Así mesmo, seguirá Cris.