Skip to main content
FozMar AMARIÑAXA

A Ribeira de Foz denuncia verquidos na ría do Masma

Por 30 Agosto, 2021Agosto 31st, 2021Sin comentarios

A asociación A Ribeira de Foz vén de denunciar a contaminación da ría do Masma ao seu paso polo Concello e “mor de un mal saneamento das augas do pobo”.

“Son moitos anos xa de contaminación da ría, unha depuradora mal deseñada e deficitaria, e unha pésima xestión política que durante todos estes anos non acadaron que a día de hoxe esto non pase, teñen toda a culpa disto”, din dende a asociación.

Segundo os focegos “non se pode seguir demorando o arranxo desta cochambre, porque estamos a matar a nosa propia ría e a imaxe que dá o pobo de Foz o turismo é realmente lamentable”.

“En Foz poderemos presumir de moitas cousas si, pero disto hai que avergoñarse e moito”, engaden,”seguiremos enchendo a ría do Masma de merda ata que non quede vida nela. E non hai disculpa posible a tal situación mantida no tempo e que de seguro vai perdurar moitos anos máis”.