Skip to main content
AlfozO Valadouro

A partir de setembro amplíase o horario da oficina de Correos do Valadouro

Por 11 Agosto, 2021Sin comentarios

Os alcaldes socialistas do Valadouro e Alfoz, Edmundo Maseda e Jorge Val agradeceron hoxe o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa mellora dos servicios públicos destes dous concellos mariñaos.

Así o dixeron tras recibir a visita do Presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, quen anunciou que vai ampliar o horario de atención da oficina de correos do Valadouro. Tras visitar as instalacións desta entidade postal avanzouse que a partir do 1 de setembro o horario de apertura realizarase dende ás 9:00 da mañá ata ás 2:30. No acto tamen participaron o responsable de Correos, Xose Choren e o concelleiro do Valadouro, Iago Fernández.

Os rexedores remarcaron “que con esta novo horario damos resposta a unha vella demanda da veciñanza que reclamaban que a oficina de correos abrira máis horas ao público”. Ademais lembraron que a oficina de correos do Valadouro “tivo que lidiar cos recortes que impulsou o PP ata deixala na situación na que se atopa actualmente. Por iso este anuncio é unha boa nova, non só para os concellos do Valadouro e Alfoz, senón para toda a Mariña”.

Pola súa banda a Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero dixo que mentres “o Goberno do PP pecha colexios, centros de saúde e recorta en profesorado nos centros da nosa provincia, o Goberno de Pedro Sánchez impulsa medidas para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza, como acontece hoxe no Valadouro”, replicou.

O senador lucense, Cesar Mogo lembrou ademais que o PSOE impulsou diversas iniciativas para contribuír a dinamizar as oficinas de Correos. Concretamente propón promover os acordos de colaboración de Correos con entidades financeiras para que poidan prestar servizos de ingresos ou retirada de cartos en concellos sen sucursais bancarias nin caixeiros automáticos, ante o drástico aumento de municipios sen posibilidades de retirar o ingresar.