Skip to main content
Axenda Caducada

Todo preparado para o inicio do novo curso en Alfoz

Por 24 Agosto, 2021Setembro 24th, 2021Sin comentarios

Xa está todo preparado para o inicio dun novo curso, desde o día 9 de setembro no que empezan as clases de infantil e primaria, estarán en funcionamento os distintos servizos que o Concello de Alfoz ofrece de balde para favorecer a conciliación familiar.

Entre eles están o programa de madrugadores que será de 7.45 horas a 9.30 horas, e o OES (Ocio e estudio) e Inglés que constará de 3 horas de actividades tras o remate das clases nas que se combina o tempo de xogo e estudio, así como a merenda.

As inscricións para o programa estarán dispoñibles no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro) do 1 ao 7 de setembro e, sempre que haxa prazas dispoñibles se poderán incorporar alumnos durante a duración do curso.

RECUNCHO VIOLETA E BIBLIOTECA

Por outra banda, no mes de setembro estrenarán o espazo dedicado á igualdade dentro da biblioteca, lembrán que ademais teñen un Recuncho Violeta virtual no Blog da Biblioteca. Nel contan con libros para todas idades a través dos que se promove unha igualdade real, a loita contra a violencia, a eliminación de estereotipos, as emocións, etc. Ademais terá unha ampla sección de xogos que se poderán usar tanto na biblioteca como levar en aluguer ou nos distintas actividades dos programas de conciliación e de sensibilización da Delegación de Igualdade.

Ademais, as lecturas obrigatorias para estudantes, nos diferentes cursos de ESO e BAC para 2021-22, estarán dispoñibles de novo este curso na Biblioteca Pública de Alfoz en formato papel con varias edicións e, de ser posible, en formato electrónico para dispoñer delas tamén nos e-readers cos que conta a Biblioteca (Tamén para préstamo). Unha iniciativa das Delegacións de Educación e Cultura coa que se pretende axudar ao alumnado nos seus estudios.

BECAS

Desde a Delegación de Atención á veciñanza, ofrécese un ano máis o servizo gratuíto ás familias e alumnado que o desexen para solicitar as becas de estudo do Ministerio de Educación, así como a axuda para tramitar as peticións de tarxetas de bus para estudantes que os rapaces e rapazas utilizan para desprazarse ata os institutos da zona para continuar a súa formación.

Recoméndase chamar ao 982 558 001 (ext. 2) para concertar cita previa e comprobar qué documentación deben levar para os distintos trámites. Este servizo só está dispoñible para estudantes empadroados no Concello de Alfoz.

No mes de outubro, abrirase o prazo para as Becas de transporte para estudantes coas que o Concello subvenciona os gastos orixinados ás familias polos desprazamentos aos institutos da Mariña. A tramitación destas axudas tamén se leva desde a Delegación de Atención á Veciñanza.