Skip to main content
Barreiros

Barreiros presenta novas ferramentas de promoción turística

Por 27 Agosto, 2021Sin comentarios

Barreiros presenta novas ferramentas de promoción turística de cara á tempada baixa. Por unha banda realizouse un vídeo promocional do destino baseado na paisaxe e na tranquilidade e, por outra, elaboráronse unhas postais dixitais descargables para que os viaxeiros se leven un recordo de Barreiros e, ademais, as poidan compartir cos seus achegados divulgando así os principais atractivos turísticos do municipio.

Coa idea de fomentar a chegada de turistas en tempada baixa e incrementar os días de estancia así como de premiar a elección deste destino, o Concello optou por lanzar estas dúas ferramentas de promoción precisamente agora, ao rematar o verán. Pois, as suaves temperaturas, a práctica de actividades na natureza, a tranquilidade e o contacto coa cultura local propician a chegada de viaxeiras e viaxeiros moito máis alá dos meses de xullo e agosto.

En contra do que se pensa, o litoral da Mariña Lucense é unha das zonas costeiras de Galicia onde menos chove ao longo do ano -segundo os Informes Climatolóxicos Anuais elaborados por Meteogalicia.

Céntrase na paisaxe, máis tamén en sensacións como a liberdade, a paz, a conexión coa natureza e coa cultura do lugar. En liña coa filosofía do Turismo Slow, das viaxes conscientes e do vínculo coa esencia dun territorio onde parece que o tempo se detén.

Pódese ver o vídeo na siguente ligazón https://www.concellodebarreiros.gal/gl/turismo/video-barreiros-queda-en-ti