Skip to main content
Burela

Maxia e música para o verán de Burela

Por 4 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Burela acolle unha variada programación cultural para agosto e setembro que inclúe maxia e música. Así, o venres 6 de agosto, o Mago Antónfará o seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos, na praza do Concello con pases de 30 persoas e será preciso anotarse.

Xa o venres 13 será a función de Desastronauts ás 20.30 horas, o sábado 21 será o concerto de Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay no auditorio destinado a un público adulto. E por último, o venres 27 ás 20.30 horas Isla le triska presentará o seu espectáculo Le triska inmóbile na praza da Mariña.

Xa en setembro o venres 3 ás 20.30 horas será a quenda de Muu e a súa función circense Crunch na praza do Concello.