Skip to main content
Burela

O BNG de Burela solicita a creación da Comisión de Memoria Histórica

Por 7 Agosto, 2021Sin comentarios

O BNG de Burela solicita a creación da Comisión de Memoria Histórica remitíndose a aprobación no Pleno de agosto de 2018 sobre a retirada da Rúa e do título de fillo adoptivo de Burela ó bispo franquista Eijo Garay.

“Mais alá do contido do debate, aquel día aprobouse unha emenda de substitución do grupo socialista para a creación dunha comisión”, en verbas do voceiro do BNG, Mario Pillado, “non é unha fórmula que sexa moito do noso agrado pero este é o acordo que se adoptou e que o alcalde prometeu cumprir unha vez que foi elixida a nova cronista oficial. Ademais na nosa vila atópanse mais vestixios franquistas que deben ser corrixidos por Liberdade, Xustiza e Democracia. Por iso na moción solicitamos a creación desa comisión”

Por outra banda Pillado engadiu que “vista a polémica que xerou este tema no pasado, chegando ás descalificacións persoais por parte do Partido Popular, cremos que a comisión pode servir para rebaixar o ton e que o debate sexa tranquilo e sosegado, posto que como dixemos naquel intre Burela non toma represalias, Burela acolle; Burela non é odio, Burela é amor”

Continuou o voceiro do BNG decindo que “evidentemente en canto se forme esta comisión o primeiro que debera abordar debe ser tomar en consideración a retirada da rúa de do título de fillo adoptivo de Burela ó bispo franquista Eijo Garay, como refrexamos na moción”

Protectora de animais.

Como é de costume o grupo municipal do BNG presentou a maiores unha serie de iniciativas. Entre elas destacou a proposta de crear un protocolo para a recollida de animais abandonados así como buscar emprazamento temporal mentres non se constrúan as novas instalacións. O voceiro nacionalista dixo que “foi o que nos fixeron chegar dende a sociedade protectora de animais Bigotes e moitos outros veciños, ademais interesámonos polos trámites para a obra de construción das novas instalacións e o tempo estimado de execución, posto que nos parece un tema moi importante para a veciñanza”

Ademais o BNG propuxo que se estreitara a vixilancia en canto ó acceso de turismos nunha rúa peonil, sobre a ocupación da beirarrúa por parte de vehículos que dispoñen de zona de carga e descarga e tamén que se procedera á limpeza de fincas propiedade do concello, ademais das privadas como se anunciou na prensa.