Skip to main content
Burela

O Concello burelés recibiu unha bandeira de Cabo Verde feita a man

Por 11 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Burela recibiu estes días como agasallo unha bandeira de Cabo Verde feita a man, que se empregará nos actos oficiais dese país que se celebren en Burela. A enseña foi entregada por Francisco Hermida, oficial de enlace da Garda Civil de Cabo Verde, a quen o alcalde burelés, Alfredo Llano, agradece o detalle e as labores de mediación realizadas coa comunidade caboverdiana. 

O rexedor contou que “tivemos no Concello a visita de Francisco Hermida, que é un oficial de enlace da Garda Civil en Cabo Verde. El xa tivo moito que ver cunha petición que fixeron os caboverdianos en Burela para que mediara sobre un asunto que tiñan necesidade de resolver. Mediou no consulado de Cabo Verde, cumpriu con todo o que dixo e houbo unha satisfacción grande e un recoñecemento por parte dos caboverdianos aquí, que residen en Burela”.

Llano explicou que “Hermida está moi agradecido dado o trato que recibiu e a relación que hai agora entre Burela e Cabo Verde e trouxo unha bandeira feita a man de Cabo Verde que representa o sentimento desta persoa cara aos caboverdianos e cara Galicia. Dálla ao Concello, pero realmente servirá para que os caboverdianos tamén se vexan representados nesta bandeira que Francisco Hermida doou con cariño a esta xente. Estamos agradecidos e seguiremos en contacto con el para, se está disposto, seguir mediando para que a xente de Burela se vexa representada diante do seu consulado e da súa embaixada, que é moito de agradecer tanto para nós como para o pobo de Cabo Verde que está convivindo con nós”.