Skip to main content
Burela

Burela quere achegar a xente ao mundo mariñeiro abrindo as portas da Moncloa

Por 26 Agosto, 2021Agosto 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Burela quere achegar a xente ao mundo mariñeiro abrindo as portas da Moncloa, o local que se atopa enfronte da Oficina de Turismo de Burela.

Estivo rexentado pola asociación de xubilados do mar e afíns e fundouse no 2008 para cubrir a necesidade de manter o vínculo coa que fora a súa vida, o mar, e os seus compañeiros de loitas, logros e sacrificios, e poñer en valor o seu duro oficio.

Neste edificio recibirán aos turistas e visitantes con curiosidades, anécdotas e explicacións que polo ben do patrimonio cultural non deberían caer no esquecemento, ademáis de descubrir unha exposición de fotografías, maquinaria e útiles relacionadas.

A Moncloa é visitable tanto para locais como para visitantes e atesoura a sabedoría dos vellos mariñeiros, e polo tanto, a nosa memoria colectiva como pobo tan vinculado ao mar como é Burela.

O seu horario é de luns a domingo de 10.00 a 12.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Para máis información haberá que chamar ao teléfono 665 013 838.