Skip to main content
Cervo

Os pequenos do programa Cervo Concilia recibiron unha visita moi especial

Por 16 Agosto, 2021Sin comentarios

Os pequenos do programa Cervo Concilia recibiron unha visita moi especial, a de Vilma e a da súa guía Rosa, especialista en intervencións asistidas con cans no ámbito educativo.

Con elas desfrutaron moitísmo dun taller de iniciación á lingua de signos, no que aprenderon a expresar os seus nomes, a saudar, ou as diferentes fórmulas de cortesía.

Vilma é sen dúbida unha moi boa compañeira de aprendizaxe para os nenos, un estímulo vivo que os motiva e crea vínculos afectivos con eles.

Vilma é un can debidamente seleccionado e formado en EFORP (Escola de Formación do Perro de Asistencia para a Intervención terapéutica, educativa e social); a través do “Método Pellitero” co que se consegue un can socialmente competente, con destrezas sociais e emocionalmente equillibrado. Vilma é un can adaptado á contorna de traballo, con alta tolerancia ao estrés e cun gran control emocional.