Skip to main content
A Pontenova

O Concello da Pontenova avanza na ampliación do seu polígono

Por 1 Agosto, 2021Sin comentarios

A Pontenova avanza na tramitación administrativa para ampliar o polígono empresarial deste Concello cunha nova fase que ocupará unha superficie de 10.313 metros cadrados.

Con esta ampliación habilitaranse seis novas parcelas que ocuparán en total 5.140 metros cadrados, o que supón unha dimensión media de 856 m2 por parcela. Tamén se definirán estruturas viarias e algo máis de 1.000 m2 de zonas verdes.

Unha vez que xa foron aprobados os correspondentes instrumentos de planeamento, na actualidade está contratado o proxecto de valoración dos terreos precisos para executar as obras.

O Goberno galego prevé que este ano Xestur poida iniciar a compra dos terreos necesarios para a expansión do polígono e licitar o proxecto de urbanización.

Na actualidade esta área industrial ocupa unha superficie total de 103.662 metros cadrados e dispón de 45 parcelas, todas elas vendidas. Fíxose grazas ao convenio que Xestur e o Concello da Pontenova subscribiron no ano 1992 para a promoción e xestión dunha actuación urbanística co fin de crear solo industrial no municipio.

O Concello da Pontenova recibiu tamén unha achega de 74.200 euros para mellorar a rede viaria do polígono.