Skip to main content
A Pontenova

Comezan as obras de mellora en 5 quilómetros da estrada LU-741 da Pontenova

Por 6 Agosto, 2021Sin comentarios

Comezaron as obras da LU-741, na Pontenova, entre os núcleos de Vilaoudriz e Aldeguer e que conecta co núcleo urbano da Pontenova. Estas tarefas estanse a facer nun tramo de 5,1 quilómetros e que contan cun orzamento de 334.500 euros.

As obras executaranse no prazo aproximado dun mes e durante a primeira quincena será necesario cortar o tráfico para acometer os labores de aglomerado e posteriormente realizaranse desvíos puntuais, en todos os casos debidamente sinalizados.

Na área urbana e durante os primeiros 500 metros aplicaranse fresados localizados en rodeiras e reposición con mestura bituminosa en quente, cun espesor de 5 centímetros, nos puntos nos que se constatou a presenza de fisuras localizadas e zonas deformadas. A actuación terá o ancho do carril completo.

No resto da vía estenderase unha capa de regularización nos treitos nos que sexa preciso, para realizar a continuación o reforzo do firme cunha capa de rodaxe similar, con mestura bituminosa en quente de 5 centímetros.

A intervención completarase con outras actuacións de mellora da seguridade viaria, como o repintado da sinalización horizontal e a limpeza de gabias, que teñen por obxecto mellorar as actuais prestacións da estrada en beneficio dos usuarios.