Skip to main content
Ribadeo

A vicevoceira do PP ribadense di que “a falta de limpeza no pobo é constante”

Por 17 Agosto, 2021Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, sinala que “os veciños de Ribadeo están fartos da falta de limpeza”. De feito, explica que “esta fin de semana só se escoitába un comentario en Ribadeo: a sucidade na que se está sumindo o noso pobo”.

“A falta de limpeza é constante e visible”, manifesta, “os contedores están a rebordar, pestilentes e sen desinfección. Ese é o día a día do noso pobo”, incide Sierra que considera que “é evidente, porque todos podémolo ver, que existe unha gran falta de traballo neste goberno local do BNG”.

A popular explica que “os contedores desbordados vénlles moi ben ás gaivotas e tamén ao alcalde para botarlle a culpa a alguén”. 

Sierra lembra que “o noso Grupo Municipal está cansado de pedir por activa e por pasiva unha maior limpeza” porque “Ribadeo non se merece isto e tampouco se merecen os nosos visitantes levar esta imaxe tan nefasta da nosa vila”.