Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo amplía o prazo para a adhesión da Pancha

Por 27 Agosto, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribadeo amplía o prazo para a adhesión dos establecementos interesados ao programa da Pancha ata o vindeiro 10 de setembro. 

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello, tras recibir sendas suxestións e peticións para a ampliación do mesmo debido ao volume de traballo que está a rexistrar Ribadeo neste verán, valora como positiva esta ampliación xa que facilitará a inscrición a aqueles establecementos que estean en plena campaña de verán e así se poidan beneficiar o maior numero de locais de Ribadeo”.

E engadiu que “aquelas persoas interesadas en adherirse á campaña da Pancha terán que realizar a súa inscrición en pancharibadeo.com e terán ata o vindeiro 10 de setembro. Hai que lembrar que aqueles establecementos que estean adheridos terán que pasar pola Área de Desenvolvemento Local para recoller o material gráfico identificativo”. 

O rexedor subliñou que “en todo caso o prazo de activación, isto é a compra e o  gasto das panchas, dará comezo o vindeiro mércores, 1 de setembro, atendendo á campaña de volta ao cole”.