Skip to main content
A PastorizaComarca TERRACHÁXARiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Rematan as obras da estrada que une Bretoña e Riotorto

Por 2 Agosto, 2021Agosto 3rd, 2021Sin comentarios

A Xunta de Galicia investiu 150.000 euros na mellora da estrada de titularidade municipal que conecta os núcleos de Bretoña, na Pastoriza, e As Rodrigas, en Riotorto. A actuación foi executada ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) da Consellería do Medio Rural.

Renovouse o firme nun tramo de tres quilómetros de lonxitude cun ancho variable de entre 4,20 e 4,40 metros; elimináronse as fochancas e aplicouse unha capa de regularización antes de estender a nova capa de rodadura de mestura asfáltica en quente. Os traballos tamén incluíron a limpeza e apertura de cunetas e o repintado da sinalización horizontal.

Ademais, no punto quilométrico 0,8 -no municipio de Riotorto- corrixiuse o trazado dunha curva para mellorar a visibilidade e afastar o eixo da estrada do terraplén da marxe esquerda, revestiuse con formigón un tramo de 98 metros nesta zona para evitar que a auga siga socavando a ladeira e instalarase unha barreira de seguridade en 40 metros.