Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAViveiro

Resurrection Fest Limited celebrarase en agosto e con formato reducido

Por 3 Agosto, 2021Sin comentarios

A organización do Resurrection Fest anunciou que prepara un pequeno festival de tres días, do 26 ao 28 de agosto, no recinto do Campo de fútbol de Celeiro.

“Traeremos os primeiros artistas internacionais do metal a España trala a pandemia”. Haberá grandes artistas internacionais de diferentes estilos e ademais bandas nacionais e galegas “gracias ao Xacobeo 2021-22, á Deputación de Lugo e ao Concello de Viveiro”, egadiron

Contará con todas as medidas de seguridade e prevención posibles seguindo a lexislación vixente actual e sempre atendendo á situación epidemiolóxica do momento. Esas medidas serán público sentado, aforo reducido, distancia social, máscaras, desinfección e, por suposto, “co aliciente do bo facer do noso público, sempre respectuoso en todo momento”.

Os abonos de 3 días poderán comprarse este venres 6 de agosto a un prezo especial de oferta que indicaráns nos vindeiros días.

Á súa vez, para quen non poida asistir e tras o éxito da anterior edición, realizaremos un Resurrection Fest En liña en datas futuras ao festival do cal informaremos máis adiante. Dese xeito, tanto os asistentes como os non asistentes poderán gozar do mesmo.

Para máis información e as entradas haberá que consultar a súa web.

Resurrection Fest Estrela Galicia Limited 2021

Kreator, While She Sleeps (único concerto en España), Eluveitie, Jinjer, Destruction, The Ocean, Angelus Apatrida, Crisix, Non Turning Back, Landmvrks, Bala, Devil In, Me Aphonnic, True Mountains e Bellako