Skip to main content
Viveiro

O BNG critica a “falta de transparencia de Loureiro co tema do Matadoiro”

Por 6 Agosto, 2021Sin comentarios

O BNG de Viveiro critica ao goberno municipal por non remitir a documentación en relación co Matadoiro Municipal onde “temos solicitado dende hai 4 meses toda a información relacionada co mesmo e o seu peche”.

“Copia da documentación relacionada co inventario que tivo que facerse durante o primeiro mes despois da contratación (cláusula 6.4 do contrato) así coma todos os eventuais rexistros que se puideran ter realizado durante os “labores de inspección” que puidera ter realizado o Concello “de maneira continuada” durante o período da vixencia do contrato”, din dende o grupo nacionalista.

“Ningunha información se nos ten remitido por parte do Concello de Viveiro, é máis, segue o goberno de María Loureiro ante un asunto tan trascendente, adiando a convocatoria da comisión na que tratar a documentación polo miúdo, polo que instámolos a que se convoque na maior brevidade”, engade.

“Estamos a falar dun asunto prioritario e urxente que require de toda a atención do equipo de goberno, máxime cando temos a un traballador dunha empresa municipal que aínda non cobrou”, rematou dicindo.