Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAViveiro

Resurrection Fest Limited lanza á venda as entradas individuais

Por 11 Agosto, 2021Sin comentarios

A organización do Resurrection Fest puxo á venda os abonos e entradas individuais para o pequeno festival de tres días que se celebrará do 26 ao 28 de agosto, no recinto do Campo de fútbol de Celeiro.

Contará con todas as medidas de seguridade e prevención posibles seguindo a lexislación vixente actual e sempre atendendo á situación epidemiolóxica do momento. Esas medidas serán público sentado, aforo reducido, distancia social, máscaras, desinfección e, por suposto, “co aliciente do bo facer do noso público, sempre respectuoso en todo momento”.

Ademais anunciaron a distribución de concertos por días, que queda do seguinte xeito: Xoves 26, Kreator, Angelus Apatrida, Non Turning Back, Devil In e Me Aphonnic. O venres 27 actuarán Eluveitie, Jinjer, Crisix, Bala e Bellako. E xa o sábado 28 serán While She Sleeps (único concerto en España), Destruction, The Ocean, Landmvrks e True Mountains.

Para máis información e as entradas haberá que consultar a súa web.