Skip to main content
Axenda Caducada

Arrinca hoxe en Guitiriz o programa Verán Cultural

Por 1 Agosto, 2021Setembro 10th, 2021Sin comentarios

Guitiriz contará dende hoxe e ata final de mes cun intenso programa de actividades culturais baixo o nome Verán Cultural, que se inicia, en horario de tarde, na área recreativa Sete Muíños coas actividades acuáticas.

A programación continuará mañá coa actividade infantil A verdadeira Historia de Hamelin, que se representará na Casa Habanera a partir das 18:30 horas.

O seguinte paso será o 9 de de agosto, luns, con Circanelo, que se poderá ver na praza do Campo da Feira ás 12:00 horas.

Inclúese tamén na programación a proxección do filme ao aire libre, Cuñados, o 13 de agosto tamén no Campo da Feira, a partir das 22.00 horas.

O 15 de agosto estará a exposición itinerante Kinético de Xirapaus-Trecola na Carballeira de Parga durante toda a xornada.

Tamén están programadas dúas exposicións. A primeira será do 3 ao 20 de agosto, co título Camiño das estrelas: tecendo culturas, que poderá visitarse na Casa Habanera de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e os martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.

Do 23 de agosto ao 10 de setembro abrirá a exposición debuxos e pinturas de Isabel Pardo. Tamén na Casa Habanera co mesmo horario de visita.

Todas as actividades realizaranse seguindo a normativa covid-19. As persoas interesadas en recibir máis información poderán chamar ao 982 370 109 ou enviar un email a info@concellodeguitiriz.com.