Skip to main content
Axenda Caducada

Rábade volverá ter festas entre o 12 e o 18 deste mes

Por 5 Agosto, 2021Agosto 18th, 2021Sin comentarios

O Concello de Rábade conta xa cun programa festivo que xa ten practicamente listo, que permitirá aos veciños volver gozar das festas aínda que con medidas de control de aforos e sen as tradicionais verbenas.

As festas darán comezo o día 12, xoves, ás 22.00 horas coa proxección da película A Gallina Turuleca. Xa o venres 13 haberá unha caravana de xogos populares e, sobre as 22.30 horas terá lugar outro concerto, o de Queen pro Quo.

O Xacobeo introducirase na programación co espectáculo Odaiko perscisión, que combina música e humor para toda a familia. Será ás 12.00 horas, antes do concerto matinal de Barbaña Blues Band. Pola noite será a vez de Xabier Díaz e Adulfeiras de Salitre, que tocarán pola noite.

O día grande, o domingo 15 arrincará coa tradicional misa solemne, que estará cantada pola coral Luar. En sesión vermú escoitarase o concerto de Leirabuxo Folk e pola tarde haberá batukada polas rúas dentro do programa Cultura no Camiño a partir das 19.00 horas.

Unha hora máis tarde dará comezo o circo Isla letriska, no campo da feira, también dentro do programa do Xacobeo. Finalizará a xornada cun concerto de Sheila Blanco e a tradicional sesión de fogos de artificio.

Continuará a programación coa Rabaca 2021, que contará na súa programación con actividades de todo tipo. O 16 haberá unha gala lírica con Ana Sanmartín e Orquestra e a proxección da película Cuñados.

O 17 tocará teatro, coa representación da obra O vixilante de soños, obra familiar dentro do circuíto de teatro profesional da Deputación de Lugo. Pechará a xornada o concerto de Mariola Membrives.

Finalmente, o 18, mércores, Joao Afonso ofrecerá a última das actividades da programación.