Skip to main content
Axenda Caducada

Unha charla sobre a nova tarifa eléctrica aterra en Outeiro de Rei

Por 31 Agosto, 2021Setembro 22nd, 2021Sin comentarios

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) ten programadas charlas para informar sobre a nova tarifa eléctrica. Estará o 22 de setembro en Outeiro de Rei.

Esta campaña ten por obxecto facilitar aos consumidores a información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa implantada polo Goberno central –val, chairo e punta–, así como resolver dúbidas relacionadas, por exemplo, coa contratación de potencia ou o novo recibo da luz.

Neste sentido, lamentouse que a previsión de abaratar o recibo doméstico nun 4,8%, quedara nun 2,5% tras o acordo do Consello de Ministros, e instou ao executivo do Estado a asumir as súas responsabilidades, atopar solucións e escoitar ás comunidades autónomas.

Dentro desta campaña informativa, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia traballa tamén en novos contidos dixitais e interactivos na súa web, onde xa se pode atopar información referida á nova tarifa, e crearase tamén un apartado de preguntas e respostas, así como consellos e boas prácticas para axustar a factura.

Todos aqueles que precisen más información, poden acudir a calquera oficina que o IGCC ten repartidas polas sete grandes cidades de Galicia, ou ben chamar ao teléfono gratuíto 900 23 11 23, operativo de 9 a 14 horas de luns a venres. Ademais, contan tamén cun correo electrónico no que trasladar as súas dúbidas ao organismo, así como un asistente de reclamacións. Pódese obter máis información e consellos prácticos tamén na web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).