Skip to main content
Axenda Caducada

Primeiras confirmacións para o Osa do Mar de setembro

Por 6 Agosto, 2021Setembro 25th, 2021Sin comentarios

O Osa do Mar de Burela anunciou que xa se poden mercas as entradas para o festival que se celebrará o 24 e 25 de setembro. Nesta edición virán a Burela, Blanco Palamera, Delaporte, The Rapants, Veintiuno, Vertote, e máis bandas aínda por confirmar.

“Despois dun longo debate”, din desde a Asociación Cultural Fanto Fantini “cremos que temos que intentar facer unha edición adaptada á situación. Sabemos que seguramente non será o ano máis espectacular pero polo menos será unha nova edición que aportará o seu grao de área para ir pouco a pouco recuperando moitos dos bos costumes”.

Desde hoxe e ata o domingo 8 haberá unha oferta de lanzamento de 100 bonos dos dous días a 15 euros https://entradium.com/events/festival-osa-do-mar-2021