Skip to main content
Axenda Caducada

Sarria acolle unha exposición ata o 31 de agosto

Por 9 Agosto, 2021Setembro 1st, 2021Sin comentarios

Sarria acolle dende o día de hoxe, 9 de agosto, ata o día 31, a exposición fotográfica Camino Blanco. Camino Antártico. Unha exposición que se poderá ir visitar en horario de 10 a 14 horas para coñecer un pouco máis sobre a peregrinación a Santiago de Compostela.

A mostra inclúe 62 fotografías, as cales recollen a peregrinación a Santiago de Compostela dende a Antártida, feita por militares e científicos do CSIC en colaboración coa Federación Española de Asociacións do Camiño dende a base española Gabriel de Castilla na Antártida.

A exposición atópase na oficina de turismo de Sarria, sita na antiga prisión preventiva. Así mesmo, está organizada pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, baixo a presidencia do Concello de Sarria e cedida por Correos.

No caso de querer acudir noutros horarios, pódese concertar unha visita no número de teléfono 982 535 000 ou no 982 530 668.