Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Cervo acollerá este xoves 12 o IV Torneo Maruxaina

Por 10 Agosto, 2021Agosto 12th, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo acollerá este xoves 12 o IV Torneo Maruxaina no que se enfrontarán o CD Castro, que se atopa en 1ª autonómica, o CD Foz en Preferente e o Viveiro CF en 3ªRFEF.

Este evento deportivo vén a ser o complemento para a Festa da Maruxaina, que este ano non se celebrará, e dará comezo ás 18.30 co Viveiro CF-CD Foz, ás 19.30 horas será o CD Castro-Viveiro CF e ás 20.30 horas o CD Foz-CD Castro.