Skip to main content
Axenda Caducada

Chega o VI Encontro Xacobeo Peregrinas a Portomarín

Por 10 Agosto, 2021Agosto 13th, 2021Sin comentarios

O Concello de Portomarín realiza este xoves 12 de agosto o sexto encontro Xacobeo Peregrinas na praza do Camiño.

O acto estará presentado por Cristina Maró e terá coma convidadas a Laurie Dennet, Begoña Fernández e Lis Teuntor. A primeira é unha escritora canadense autora de nove libros e responsable de numerosos artigos de prensa e intervencións en radio sobre o Camiño de Santiago.

En canto a Begoña Fernández, é xogadora de balonmán e capitana da selección española, coa que conseguiu unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Londres. Finalmente, Lis Teuntor é unha pianista e compositora residente na Coruña.

Así pois, Portomarín acollerá esta cita que se levará a cabo ás 18 horas e na que haberá entrada libre ata completar aforo. Así pois, tamén se poderá seguir en directo pola web Camiño Xacobeo, pola súa canle de YouTube ou pola súa conta de Facebook.