Skip to main content
Axenda Caducada

O Incio enche as súas rúas de maxia co espectáculo do mago Rafa

Por 10 Agosto, 2021Agosto 15th, 2021Sin comentarios

O Incio énchese de maxia o vindeiro domingo 15 de agosto co novo espectáculo do mago Rafa, A nova maxialidade. Unha actuación dirixida a todos os públicos que queiran vivir unha xornada chea de ilusión e trucos.

O mago pasou 80 días encerrado desenvolvendo un espectáculo na soidade do seu local de ensaio para a volta á nova normalidade, sen embargo, nada é normal.

A hora á que se realizará a obra é ás 19.30 horas e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.