Skip to main content
Axenda Caducada

A banda filarmónica de Lugo chega a Triacastela o martes

Por 15 Agosto, 2021Agosto 18th, 2021Sin comentarios

Triacastela acolle este martes 17 de agosto o concerto da Banda Filarmónica de Lugo, que se celebrará a partir das 19.30 horas. A vila recibe esta actuación que traerá a música instrumental en directo para gozar dunha xornada diferente e amena.

O concerto atópase no programa O país das bandas, promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade bandística.

Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.

Así pois, o concerto contará con todas as medidas sanitarias correspondentes para gozar dunha xornada lúdica e segura.