Skip to main content
Axenda Caducada

O proxecto educativo Uxía Lambona e a Banda Molona chega ao Incio

Por 11 Agosto, 2021Agosto 15th, 2021Sin comentarios

A Cruz do Incio acolle no local de usos múltiples -antiga nave gandeira- a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, un grupo musical que nace coma un proxecto lúdico e educativo que se dirixe, sobre todo, a nenos e nenas.

Así pois, o grupo busca achegar temas tradicionais galegos dunha maneira nova e atractiva empregando estilos musicais modernos coma o ska, o rock ou o hip-hop, para dar a coñecer a música tradicional popular. Un proxecto innovador que busca darlle á música tradicional, un toque moderno e actual.

A actuación levarase a cabo o vindeiro sábado 14 de agosto ás 19.30 horas e tratará de pór un ambiente festivo a vila, así coma ensinar a cultura tradicional. Por outra beira, respectaranse todas as medidas sanitarias correspondentes.