Skip to main content
Axenda Caducada

553 inscritos no Run Foz Run

Por 12 Agosto, 2021Agosto 15th, 2021Sin comentarios

O Club Atletismo Ría de Foz e o Concello de Foz organizan a XII Edición da Run Foz Run os días 14 e 15 de agosto de 2021 na que xa hai 553 inscritos.

O evento desenvolverase en tres fases diferenciadas, andaina cun máximo de 100 participantes, carreiras de categorías inferiores cun máximo de 50 atletas por categoría e a proba absoluta que terá un cupo máximo de 500 participantes.

“Poderán participar na categoría andaina, que será o día 14 de agosto, todo o mundo, e despois haberá categorías para a carreira popular que será o día 15”, comunicaron.

Sendo prudentes e responsables coa actual situación, e á vez enormemente ilusionados… abrimos as inscricións, este ano limitadas”, engadiron, “temos moitas ganas, ademais haberá novidade e sospresas para todos”.

Haberá cadetes, infantís, alevíns, benxamíns, pícaros e absoluta e todos terán que recoller o seu dorsal o día anterior no Cenima de Foz e excepcionalmente previo aviso o día da proba.

Para máis información pódese consultar a páxina web do evento.