Skip to main content
Axenda Caducada

A parroquia de Vilaronte de Foz celebra o XLVI Festival do Emigrante

Por 18 Agosto, 2021Agosto 21st, 2021Sin comentarios

A parroquia de Vilaronte de Foz celebra o XLVI Festival do Emigrante o día 21 de agosto. Este evento está organizado pola asociación cultural O Castro de Vilaronte.

A festa dará comezo ás 9.00 horas coa ruta de Cornería con saída dende a asociación, despois será a misa na honra dos emigrantes falecidos e a ofrenda floral na igrexa parroquial.

Xa ao mediodía haberá un vermú amenizado polo grupo de Acordenonistas da Mariña no Castro, e pola tarde poderase desfrutar dos xogos populares como tiro á corda, sacos ou bolos entre outros.

Por último, ás 20.30 horas o grupo de teatro Axóuxeres presenta Cousas de Mulleres, para o que haberá que reservar entrada no teléfono 627 474 675.