Skip to main content
Axenda Caducada

A Asociación veciñal do Saviñao organiza un contacontos infantil

Por 15 Agosto, 2021Agosto 17th, 2021Sin comentarios

Escairón, no Concello do Saviñao, acolle un contacontos infantil organizado pola Asociación veciñal do Saviñao o luns 16 de agosto. O contacontos é de Anxo Baranga e Blanca Cotado, membros da agrupación teatral Furafollas de Barcelona, e serán os encargados de amenizar unha xornada para os máis pequenos e pequenas da vila.

O acto terá lugar a partir das 12 horas no patio entre a biblioteca e o Auditorio municipal e ten o obxectivo de que veciños e veciñas poidan gozar de algo novo e educativo.