Skip to main content
Axenda Caducada

O día 21 volve o Xove Costa Trail

Por 15 Agosto, 2021Agosto 22nd, 2021Sin comentarios

A II Edición do Xove Costa Trail 2021 presentouse oficialmente co beneplácito do alcalde de Xove Demetrio Salgueiro Rapa, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias Guerreiro e os organizadores do Xove Costa Trail 2021. 

Dito evento levarase a cabo os días 21 de agosto con andaina e carreiras para nenos e o domingo día 22 de agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km.

A maior parte dos circuitos, tanto de andaina como de trails, son pola senda costeira de Xove. Os caminantes da andaina sairán da praia de Esteiro con chegada á praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. 

As carreiras para os nenos, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á meta na praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m. Os corredores de 25K, sairán da praia de Portonovo, con chegada ó centro cívico de Xove. Os corredores de 15K, sairán da Punta da Mansa, con chegada ó centro cívico de Xove.

A entrega de Trofeos será sobre as 1.:00 horas na Praza do Concello de Xove.