Skip to main content
Axenda Caducada

Chega a maxia a Monterroso co mago Antón

Por 16 Agosto, 2021Agosto 21st, 2021Sin comentarios

A maxia invadirá o vindeiro sábado 21 de agosto o Concello de Monterroso. Así pois, o Mago Antón será o encargado de traer a maxia, a ilusión e o descoñecemento á praza Antonio Rojo Losada, onde se celebrarán tres funcións. A primeira delas comezará ás 12 horas e a entrada será de balde.

O espectáculo denomínase A volta a Galicia en 313 Concellos e comezou cando o Mago Antón, no 2018, emprendeu unha nova aventura no magomobil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia. Estas representacións suelen estar limitadas cun máximo de 70 espectadores por función e están dirixidas a todos os públicos.

Unha actuación que traerá ilusión e humor nunha xornada diferente, chea de maxia para que os máis pequenos e os maiores disfruten dun espectáculo que chega a todos os recullos de Galicia.