Skip to main content
Axenda Caducada

Asapa organiza a súa tradicional feira na Pastoriza

Por 17 Agosto, 2021Setembro 4th, 2021Sin comentarios

Asapa, Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza, organiza para o sábado 4 de setembro a súa tradicional feira. Este envento dará comezo ás 9.00 horas e contará con postos de calzado, roupa, produtos para o campo, churrería, peixe fresco, etc, ademais de polbo para comer alí ou para levar para a casa.

Xa ás 11.30 horas será a chegada á plaza do Concello do Club de Vespas de Lugo, e ás 12.00 horas haberá misa solemne na igrexa parroquial. Máis tarde será a sesión vermú que estará amenizada coa gaita, acordeón e música en directo de Javier.

Para animar a noite, haberá cantos de taberna pola vila a partir das 21.00 horas, que contará con 3 grupos, os Rebuldeiros, Aguatiños con Xosé e As 9 Ferreñaso.

A organización lembra que en todo momento deberán cumprirse as normas sanitarias.